Vimianzo

Sede electrónica do Concello de Vimianzo

imagen 20:21:33 Sábado 15 de decembro 2018 Actualizar data e hora

Accesibilidade

Accesibilidade

Dada a importancia de que os nosos cidadáns e cidadás, incluíndo os que teñen algún tipo de discapacidade e os maiores, poidan acceder á información e aos servizos electrónicos deste portal e navegar polos seus contidos, as nosas páxinas web cumpren coa adecuación de nivel AA, definido na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do World Wide Web Consortium ( W3C).

Este nivel AA supón que:

  • Os códigos HTML e CSS empregados permiten a utilización de distintos navegadores. Cando o navegador non soporta javascript, existen alternativas para non perder nin información nin funcionalidade.
  • Aspectos visuais: unha folla de estilos permítelle ao usuario axustar o portal ás súas necesidades visuais. Por exemplo: tamaño de letra, fondo, cor de fonte, etc. Na nosa web, os documentos pódense ler sen follas de estilos.
  • Aspectos semánticos: a organización dos elementos das distintas páxinas permite a comprensión xeral do sitio. As imaxes decorativas son prescindibles para unha comprensión do contido; o resto de imaxes leva texto alternativo.
  • Multimedia: existe unha alternativa ao contido multimedia flash.
  • Cambios de idioma: éstes identifícanse mediante a etiqueta correspondente para lles facilitar a tarefa aos que navegan con lectores de texto.

Para visualizar tanto os documentos pdf como os contidos flash cómpre a instalar os respectivos visores. Estes pódense descargar dende a páxina web do fabricante: Adobe Reader para documentos pdf e Adobe Flash Player para contido flash.