Sede electrónica Concello de Vimianzo

09:28:09 Luns 23 de setembro 2019
Estás en:

Información

Vimianzo convoca aos seus veciños para formarse no uso da súa Sede electrónica o vindeiro xoves, 18

16/07/19

A veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do seu concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas.

A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, desenvolveráse na aula CeMIT, situada na Casa da Cultura, o vindeiro xoves ás dez e media.

A inscrición pode facerse no Departamento de Promoción Económica do concello.

Formación Sede Electrónica