Sede electrónica Concello de Vimianzo

09:25:01 Luns 23 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Presentación recursos administrativos

O procedemento de "presentación de recursos administrativos" permite ao cidadán recorrer contra os actos administrativos ditados polo Concello en calquera materia, sempre que se faga cumprindo as condicións e nos prazos que marca o acto/procedemento obxecto do recurso.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar un recurso administrativo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de presentación de recursos administrativos.
  • Instancia xeral na que se inclúa o texto do recurso, ou calquera escrito que conteña o recurso.

Nome: Presentación de recursos administrativos.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte ou de oficio.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcalde.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo máximo de notificación da resolución:

  • Recurso de Alzada: 3 meses.
  • Recurso de Reposición: 1 mes.
  • Recurso Extraordinario de Revisión: 3 meses.

Recurso aplicable: Contencioso administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.