Sede electrónica Concello de Vimianzo

09:26:58 Luns 23 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Prórroga de licenza de obras

O procedemento "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • No caso de prórroga do prazo de execución, xustificarase que as obras foron iniciadas mediante reportaxe fotográfica.

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Urbanismo / Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcalde o Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo, a condición de que non contradiga a normativa vixente.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.