Sede electrónica Concello de Vimianzo

00:36:45 Martes 17 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de puntos de luz

O procedemento de "solicitude de puntos de luz" regula a petición, por parte das persoas físicas e xurídicas, de instalación ou substitución de puntos de luz en determinados lugares do municipio.

Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a instalación ou substitución de puntos de luz.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de puntos de luz.
  • Plano de situación, coa localización xeográfica onde deben situarse os puntos de luz solicitados.

Nome: Solicitude de puntos de luz.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.