Sede electrónica Concello de Vimianzo

03:03:57 Mércores 19 de febreiro 2020
Estás en:

Información

As asociacións de Vimianzo coñecen como empregar a oficina electrónica do seu concello

9/10/19

13 membros de diferentes entidades do concello e 1 empregado municipal acudiron á formación sobre a sede electrónica que se impartiu o xoves 3.

Nun obradoiro de 2 horas de duración, impartido na aula CeMIT do concello, as persoas participantes aprenderon a tramitar na sede electrónica municipal.

A sesión tiña especial interese para os membros das asociacións, por canto a lexislación marca que estas entidades están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, entre eles a solicitude de subvencións.

A través da súa páxina en Facebook, o concello informou sobre o desenvolvemento da xornada.

Xornada Sede Electrónica Facebook

  

Xornada Sede Electrónica