Sede electrónica Concello de Vimianzo

04:40:32 Xoves 2 de decembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Bolsa de Emprego Municipal

O Concello de Vimianzo, na súa labor de facilitar a inserción laboral da cidadanía do municipio, ofrece a toda a poboación activa empadroada en Vimianzo unha Bolsa de Emprego municipal. Será de utilidade para as persoas en situación de desemprego, para as que desexen mellorar a súa situación laboral e para colectivos, especialmente estudiantes, que se están preparando para introducirse no mercado de traballo.

Máis información: Bolsa de Emprego

Calquera persoa física, empadroada no concello de Vimianzo, que desexe realizar un alta ou unha modificación de datos na Bolsa de Emprego Municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

A solicitude irá acompañada do modelo que proceda:

e tamén:

  • Tarxeta de demandante de emprego
  • Currículo Vitae (CV)
  • Permiso de residencia e traballo, no caso de persoas estranxeiras que o necesiten
  • Documentos que acrediten formación regrada e non regrada
  • Documentos que acrediten a experiencia laboral, incluíndo en todo caso o informe de vida laboral e contratos de traballo ou última nómina
  • Carnés profesionais e permisos de conducir
  • Outra que faga referencia o CV

Nome: Bolsa de Emprego Municipal.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedimiento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.