Sede electrónica Concello de Vimianzo

07:33:11 Martes 21 de setembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas para o inicio do curso escolar 2021-2022

Solicitude axudas para o inicio do curso escolar 2021-2022 para alumnas/os de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, empadroados no concello de vimianzo, que cursen estudos en centros públicos e que pertenzan a familias desfavorecidas economicamente.

Para pedir información e asesoramento para levar a cabo o trámite destas axudas, ou para recoller o impreso de solicitude poden dirixirxe a Área de Benestar Social (Servizos Sociais). 981 70 74 26. A/O interesado tamén poderá descargar o impreso de solicitude dende esta páxina. Para presentar de forma presencial a solicitude acudir ao rexistro xeral do Concello de luns a venres no horario de 09.00 h a 14.00 h.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" é importante achegar o modelo de solicitude de praza da escola exposto no apdo. Documentación así como o resto de documentación ao inicialo trámite vía telemática.-

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 26/08/2021 ata o 30/09/2021.

  • Solicitude
  • Solicitude oficial (inclúe os anexos II, III, IV e V). (descargar)
  • DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade (no caso de non autorizar a consulta do Padrón municipal – ANEXO II).
  • Libro de familia.
  • Certificación do Centro Público de Ensino, da matrícula da/o alumna/o no curso escolar 2021-2022. No caso de que a alumna/o estea matriculado nun centro de Vimianzo (C.E.I.P. San Vicenzo, C.E.I.P. Baíñas, I.E.S Terra de Soneira, escolas unitarias) é suficiente con asinar ANEXO V.
  • Documento bancario co número de conta IBAN, no que se acredite a titularidade de dita conta do solicitante (pai, nai, titor/a).
  • No caso de dispoñer das facturas xustificativas, poderán achegarse no momento da presentación da solicitude, deixando así completo o expediente. As facturas deben estar a nome da persoa solicitante (pai, nai, titor/a), e deben ser posteriores ao 1 de xullo de 2021.
  • Declaración responsable ANEXO I (cubrir na propia solicitude).
  • Autorización ao concello para consulta de datos do Padrón municipal de habitantes do Concello de Vimianzo (cubrir na propia solicitude ANEXO II).
  • Autorización ao concello para consulta de estar ao corrente coas obrigas de pagamento coas administracións con potestades tributarias (cubrir na propia solicitude ANEXO III).
  • Autorización ao concello para a comprobación de datos fiscais dos membros computables da familia que teñan a maioría de idade (cubrir na propia solicitude ANEXO IV).
  • Autorización ao concello para a consulta de datos de matrícula nos centros de ensino de Vimianzo (cubrir a persoas solicitantes da axuda con alumnas/os matriculadas/os nun centro de Vimianzo. ANEXO V).
  • Nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, achegar o certificado emitido polo organismo oficial correspondente (Xunta de Galicia, ou Comunidade autónoma competente).
  • En supostos de adopción ou acollemento, documentación acreditativa.
    Sentencia de nulidade, separación ou divorcio, ou convenio regulador; se é o caso.

Nome: Solicitude de axudas para o inicio do curso escolar 2021-2022.

Unidade tramitadora: Benestar Social.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.

Para pedir información e asesoramento para levar a cabo o trámite destas axudas, ou para recoller o impreso de solicitude poden dirixirxe a Área de Benestar Social (Servizos Sociais). 981 70 74 26.