Sede electrónica Concello de Vimianzo

21:04:38 Domingo 31 de maio 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" é importante adxuntar o modelo de solicitude de praza da escola exposto no apdo. Documentación así como o resto de documentación ó inicialo trámite vía telemática.- Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina. De forma presencial, acudir directamente ó rexistro xeral do Concello de luns a venres no horario de 09.00h a 14.00h.

Convocatoria Extraordinaria: dende o 25 de maio ata o 12 de xuño 2020.

As solicitudes presentadas fóra de prazo e antes do inicio do curso escolar pasarán a formar parte da listaxe de agarda, en función da dispoñibilidade de prazas na escola, e serán baremadas a partires do día 19 de cada mes.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal
  • Fotocopia do documento nacional de identidade da nai e do pai ou representantes legais.
    Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello.
  • Autorización segundo o modelo oficial para poder recadar os datos fiscais. No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia.
  • Xustificante de ocupación ou desemprego de ambas/os proxenitoras/es (informe de vida laboral, ou xustificante que indique a situación de desemprego).
  • Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade alegada polos membros da unidade familiar.
  • Informe do equipo técnico da área de Benestar Social, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou sociofamiliar.
  • Ditame do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do órgano correspondente na Administración do Estado ou nas respectivas Comunidades Autónomas en que se motive a necesidade de integración.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar ou xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.
  • Modelo de representación nos procedementos iniciados de oficio pola administración tributaria.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, si así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.