Sede electrónica Concello de Vimianzo

09:26:35 Venres 22 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas do COVID para a hostalería de Vimianzo

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas dirixidas á reactivación económica das empresas dedicadas á hostalería en Vimianzo, adscritas nos epígrafes que se recollen na base 4ª, afectadas polas medidas sanitarias de control da pandemia do COVID-19 para a anualidade 2021.

A finalidade destas axudas é promover e reactivar a economía local, manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector da hostalería e conseguir que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto das medidas sanitarias de control da pandemia COVID-19.

A xestión destas axudas suxeitarase aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como á eficacia no cumprimento de obxectivos de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Estas axudas van dirixidas ás empresas (persoas físicas ou xurídicas) que cumpren os requisitos indicados no punto 4.2. das bases reguladoras e que exerzan algunha das actividades, segundo as agrupacións e epígrafes de IAE recollidos nas citadas bases.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

15 días dende o día 23/03/2021

  • Solicitude da axuda segundo modelo normalizado
  • NIF/NIE e/ou CIF, segundo corresponda (nos casos de presentación en representación)
  • Designación de conta bancaria e documento bancario acreditativo (modelo)
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas segundo modelo normalizado
  • Informe de Vida Laboral (IVL) actualizado que inclúa o período comprendido desde o 13/03/2020 das persoas físicas solicitantes e das persoas socias de persoas xurídicas que cotizan por este réxime
  • Escrituras ou estatutos de constitución da empresa, para as persoas xurídicas
  • Certificado actualizado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria
  • Certificados de estar ao corrente coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e coa Seguridade Social. Non será necesario presentar esta documentación no caso de dar autorización para a consulta
  • Certificado de estar ao corrente de pago coa Xunta de Galicia
  • Orzamento do gasto ou documentación acreditativa de habelo realizado segundo modelo normalizado (xustificantes do gasto e do seu pago)

Compróbase de oficio o cumprimento do requisito de estar ao corrente de pago co Concello de Vimianzo.

Nome: Solicitude de axudas do COVID para a hostalería de Vimianzo.

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.