Sede electrónica Concello de Vimianzo

10:49:48 Xoves 26 de decembro 2024

Información

SECRETARÍA

18/07/2022

BOLSA DE CONTRATACIÓN DE CAPATACES E PEONS DE T. MEDIOAMBIENTAIS

EXP: 2022/E001/000057

Por Resolución de Alcaldía núm. 855/2022 de  15/07/2022 aprobáronse as bases do proceso de selección para a elaboración dunha bolsa de emprego de capataces e peóns especialistas de traballos medioambientais para o Concello de Vimianzo, mediante concurso-oposición libre, como funcionario interino , grupo E. (Exp.2022/E001/000057). O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia

CHAMAMENTO (17/08/2022): Faise chamamento ás persoas que conforman a bolsa para cubrir un posto de capataz e catro postos de peón especialista. Segundo a base décima, se a persoa requirida non presenta a documentación no prazo de cinco días desde a publicación do chamamento no Taboleiro de Anuncios da Sede do Concello de Vimianzo esta pasará ao último lugar da lista e chamarase á seguinte. O mesmo sucederá se a persoa renuncia ao posto unha vez que foi nomeada ou empezou a traballar. A documentación que se require é a que se enumera na base décima.


Xustificantes de Publicación: