A veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do seu concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas.
A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, desenvolveráse na aula CeMIT, situada na Casa da Cultura, o vindeiro xoves ás dez e media.
A inscrición pode facerse no Departamento de Promoción Económica do concello.