Sede electrónica Concello de Vimianzo

05:22:10 Mércores 3 de xullo 2024
Estás en:

Información

Nove persoas asisten ao taller formativo para aprender a manexar a sede electrónica de Vimianzo.

22/07/2019

Guiados pola axente dinamizadora do proxecto PEL-Concello Dixital, as persoas asistentes á formación coñeceron as diferentes formas de identificación dixital e o funcionamento da sede electrónica do concello de Vimianzo, onde viron diferentes exemplos de trámites.

O taller, de dúas horas de duración, celebrouse o xoves 18 na aula de informática da Casa da Cultura.

Algunhas das persoas asistentes manifestaron o seu interese en retomar a formación, cando teñan solicitado algún mecanismo de identificación dixital, para así poder facer trámites na sede guiados pola formadora.

Xornada Sede Electrónica

  

Xornada Sede Electrónica