Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións de emprendemento do itinerario de Emprendemento e Dinamización de persoas participantes do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola deputación da Coruña.
As accións de emprendemento pretenden situar ó territorio rural como opción natural para a innovación, comprobando a viabilidade de actividades tradicionais e de proxectos innovadores nesa contorna, presentando casos de éxito que sirvan de inspiración para aquelas persoas que queren emprender, descubrindo as oportunidades de emprendemento social no eido rural como fórmula empresarial e coñecendo as ferramentas que poden axudar a desenvolver os proxectos emprendedores impulsando contornas colaborativas e de cooperación para o emprendemento de negocios con impacto social e/ou medioambiental.
Clave serán tamén as accións de dinamización para o fomento e mantemento da iniciativa emprendedora, non só entendida e orientada á posta en marcha de novas empresas, senón que debe promover accións de información, sensibilización e formación nos diversos ámbitos do emprendemento coma forma de pensar, razoar e actuar vinculada e suscitada pola busca e persecución de oportunidades que serán a base para xerar o impacto necesario e óptimo na contorna rural.
A través destas accións proporcionarase ás persoas participantes os coñecementos, asesoramento e formación adaptada en cada fase do seu proxecto a través da elaboración do plan de empresa, a vinculación con axentes do territorio (técnicos locais) que apoian ao emprendemento, a análise de necesidades e riscos e da viabilidade da empresa, e a procura de financiamento e axudas ou dunhas instalacións adecuadas.
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e que amosen algunha das seguintes situacións:
Reservas de prazas para mulleres:
Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada ao que terá que acudir para entrevista, e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial de desenvolvemento do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.
Os centros onde se desenvolven estas accións en xornada de mañá (preferentemente) cun máximo de 5 horas diarias son os seguintes:
ACCIÓN |
EDICIÓN NÚM |
CENTRO |
CONCELLO |
PRAZAS |
HORAS |
INICIO PREVISTO |
EMPRENDEMENTO SOCIAL EN ECONOMÍA CIRCULAR
|
1 |
Centro Coworking Pazo de Arenaza |
OLEIROS |
25 |
372 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas po lo menos 15 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
2 |
Espazo Colaborativo Daquí Darredor |
BRIÓN |
25 |
372 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 15 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
|
PLANIFICACIÓN E INICIATIVA EMPRENDEDORA EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS |
1 |
Centro Municipal de Formación |
ORTIGUEIRA |
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
2 |
ACERTA Formación//Academia EL ÁBACO |
CEE/ZAS |
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
|
3 |
GRUPO ATHENEA |
ORDES
|
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
|
4 |
EFA Piñeiral formación profesional |
ARZÚA |
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
|
5 |
Centro Emprendemento Vedra |
VEDRA |
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
|
6 |
Espazo Colaborativo Comarca do Barbanza |
A POBRA |
15 |
298 |
FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25 |
Nome: Solicitude de inscrición para as accións de Emprendemento do proxecto PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/