Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de Operacións Básicas de Cociña dos itinerarios experimentais de formación dual do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.
Este Itinerario facilita a profesionalización na área HOSTELERÍA, no subsector de Restauración, e como consecuencia o acceso a postos de traballo ou ao autoemprego mediante a cualificación, recualificación ou actualización de competencias profesionais como o desenvolvemento de procesos de aprovisionamento, preelaboración, elaboración e distribución de elaboracións culinarias, necesarias e requiridas polo mercado laboral. Tamén facilita o acceso a outros sectores produtivos no que se desenvolven ese tipo de procesos: educativo, sanitario, transporte e servicios sociais entre outros.
A participación neste itinerario, complementado con outros módulos formativos obrigatorios facilita o acceso directo ao certificado de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego Operacións Básicas de Cociña (HOTR0108). Tal e como se regula no Real Decreto 1224/2009, de 17 de xullo de 2009, modificado polo Real Decreto 143/2021 de 9 de marzo, sempre e cando as persoas participantes cumpran tanto os requisitos de acceso como os de participación.
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, con habilidades de comunicación e lectoescritoras suficientes que permitan a aprendizaxe e que:
Ademais, pertencer a algún dos seguintes colectivos:
Reservas de prazas para mulleres:
Operacións básicas de cociña: 12 mulleres por edición.
Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa sempre que cumpran con todos e cada un dos requisitos establecido:
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.
O centro onde se desenvolve esta acción en xornada de mañan cún máximo de 5 horas diarias (agás a fase de prácticas en empresa) é o seguinte:
ACCIÓN |
ED NÚM |
CENTRO |
CONCELLO |
HORAS |
HORARIO |
INICIO PREVISTO |
Operacións básicas de cociña |
1 |
Centro de Formación ocupacional |
BOIRO Poligono Industrial de Espiñeira, Parcela 20, Nº S/N, Boiro (A Coruña) |
582 |
De mañá
09:00 a 14:00 h |
09.01.2023
Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15) |
Operacións básicas de cociña |
2 |
Centro de Formación ocupacional |
BOIRO Poligono Industrial de Espiñeira, Parcela 20, Nº S/N, Boiro (A Coruña) |
582 |
De tarde
15:00 a 20:00 h |
30.01.2023
Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15 |
Operacións básicas de cociña |
3 |
CENTRO EN FASE DE CONFIRMACIÓN |
582 |
De mañá
09:00 a 14:00 h |
Unha vez cubertas o 80% das prazas ofertadas (mínimo 12 persoas por edición ata o máximo de 15 |
Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/