Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas de Competencias Clave nivel 2 e 3 dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña.
As Competencias clave básicas facilitan o acceso aos niveis 2 e 3 de certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional para o Emprego.
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que amosen algunha das seguintes situacións:
Reservas de prazas para mulleres:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Prazo de presentación: do día 17 de Xaneiro, ás 14:00H do 25 de Febreiro 2022.
As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego sustentable no ámbito rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a Deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.
As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:
Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.
O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben todos os concellos da provincia da Coruña, excepto aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes, A Coruña, Ferrol e Santiago.
Os centros onde se desenvolverán estas accións formativas en xornadas de 5 horas e de luns
a venres, son:
ACCIÓN FORMATIVA |
HORAS |
SEDE |
CONCELLO |
INICIO PREVISTO |
Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemática |
240 |
EL ÁBACO Avenida do Xeral Vidal Ríos, 12 |
BAIO, ZAS |
Unha vez cubertas o 60% das prazas ofertadas (mínimo 15 persoas por edición ata o máximo de 15) |
ACCIÓN FORMATIVA |
HORAS |
SEDE |
CONCELLO |
INICIO PREVISTO |
Competencias clave nivel 3: Comunicación en lingua castelá e matemática |
400 |
Escola de Finanzas S.L. (EFFUTURE) Rúa Salvador de Madariaga, 50 |
OLEIROS |
Unha vez cubertas o 60% das prazas ofertadas (mínimo 15 persoas por edición ata o máximo de 15) |
Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.
https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/