O procedemento de "Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas" ten por obxeto que a persoa obrigada tributariamente a un pago xestionado pola entidade local, cando a súa situación económico-financiera lle impida de forma transitoria efectuar o pago nos prazos establecidos, poida solicitar o seu aprazamento ou fraccionamento.
Calquera persoa física ou xurídica.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
No caso de solicitar un aprazamento ou fraccionamento de débedas do IBI, IVTM ou IAE, debe solicitalo a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación provincial da Coruña.
Nome: Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.