EXP: 2026/E001/000001
Os /as aspirantes propostos achegarán, dentro do prazo de cinco días naturais contados a partir da publicación do chamamento no Taboleiro de Anuncios da Sede do Concello de Vimianzo :
- TARXETA DE PARO ACTUALIZADA
- INFORME DE VIDA LABORAL ACTUALIZADO
- DNI en vigor
- Permiso de conducir en vigor e titulación requirida
- Documentación acreditativa, actualizada, de cumprir cos requisitos específicos.
- Documento acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que se aspira. No suposto de persoas discapacitadas, estas deben presentar documentación acreditativa de que non lle impide desenvolver as tarefas do posto.
- Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, as Comunidades Autónomas ou as Entidades Locais, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas por sentenza firme.
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento oficial que acredite o número de afiliación Seguridade Social.
- Número de conta bancaria.
- Documentación orixinal ou autenticada da documentación sobre requisitos e méritos de non habela presentado con anterioridade.