Sede electrónica Concello de Vimianzo

02:43:15 Venres 15 de agosto 2025
Estás en:

Detalle trámite

Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares, Orquestas

Declaración Responsable de Festas e Verbenas, ou orquestas. 

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" achegando a documentación requerida no apartado de documentación. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar os impresos normalizados do mesmo apartado documentación.

Segundo o caso anexe o modelo:

Documentación que terá que presentar a asociación encargada dos festexos:

  • Modelo declaración responsable debidamente cuberto que anexo neste correo.
  • Póliza seguro responsabilidade civil con un cobertura mínima de 300.000,00 €.
  • Xustificante bancario de pago de dita póliza.
  • Tarxeta CIF de Facenda.
  • No caso de que se realizase algún cambio na asociación tamén necesitaríamos os estatutos.
  • Solicitude de ampliación de horario (no caso de que queirades ampliar o horario).
  • Cartel da festa.

Documentación que terán que presentar todos/as aquelas persoas físicas ou xurídicas que vaian actuar ou facer algún traballo nos festexos:

  • Declaración responsable.
  • Póliza responsabilidade civil con cobertura mínima de 300.000,00 €.
  • Xustificante bancario de ter pagado dito seguro.
  • Toda a documentación relativa a escenarios e vehículos.
  • DNI da persoa representante da sociedade.
  • Tarxeta CIF da sociedade.

Nome: Declaración Responsable de Festas e Verbenas Populares, Orquestas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.