Sede electrónica Concello de Vimianzo

10:45:59 Mércores 2 de setembro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas para o inicio do curso escolar actual

Solicitude axudas para o inicio do curso escolar actual para alumnas/os de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, empadroados no Concello de Vimianzo, que cursen estudos en centros públicos e que perteñezan a familias desfavorecidas económicamente.

Para pedir información e asesoramento para levar a cabo o trámite destas axudas, ou para recoller o impreso de solicitude poden dirixirxe a Área de Benestar Social (Servizos Sociais). 981 70 74 26. A/O interesada/o tamén poderá descargar o impreso de solicitude dende esta páxina. Para presentar de forma presencial a solicitude acudir ao rexistro xeral do Concello de luns a venres no horario de 09.00 h a 14.00 h.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" é importante achegar o modelo de solicitude de praza da escola exposto no apdo. Documentación así como o resto de documentación ao inicialo trámite vía telemática.-

O prazo de presentación de solicitudes que estará aberto dende o día 27/08 ata o 30/09 do presente ano.

Descarge este SIMULADOR para comprobar, antes de facer a solicitude, se teñen dereito ou non a axuda.

  • Solicitude oficial  
  • Libro de familia.
  • Xustificante de matrícula da/o alumna/o no curso escolar 2026-2027, (a aplicación ABALAR xera este xustificante).
  • Documento bancario co número de conta IBAN, no que se acredite a titularidade de dita conta da persoa solicitante (pai, nai, titor/a).
  • No caso de dispoñer das facturas xustificativas, poderán achegarse no momento da presentación da solicitude, deixando así completo o expediente. As facturas deben estar a nome da persoa solicitante (pai, nai, titor/a), e deben ser posteriores ao 1 de xullo de 2026.
  • ANEXO I (a cubrir na propia solicitude): declaracións responsables e autorizacións.
  • ANEXO II (a cubrir na propia solicitude): autorización ao concello para a comprobación de datos fiscais de todos os membros computables da familia que teñan a maioría de idade.
  • Sentencia de nulidade, separación ou divorcio, ou convenio regulador; se é o caso.
  • Nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, achegar o certificado emitido polo organismo oficial correspondente (Xunta de Galicia, ou Comunidade autónoma competente).

As deficiencias e as omisións na solicitude e restante documentación preceptiva deberán emendarse tralo requirimento previo, no prazo de dez días desde a notificación, na que se indicará que se non se fixese, terase por desistido da súa petición, segundo o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación da solicitude leva consigo a aceptación incondicional das bases reguladoras e da convocatoria.

Nome: Solicitude de axudas para o inicio do curso escolar actual.

Unidade tramitadora: Benestar Social.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.

Para pedir información e asesoramento para levar a cabo o trámite destas axudas, ou para recoller o impreso de solicitude poden dirixirxe a Área de Benestar Social (Servizos Sociais). 981 70 74 26.