O procedemento "solicitude de contedores e material urbano" regula a instalación ou reposición -tras petición previa- de contedores de recollida de lixo, envases ou vidro, así como doutro material urbano.
Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitar a instalación de contedores para a recollida de residuos urbanos, ou ben a instalación de determinado material urbano.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de contedores e material urbano.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.