Sede electrónica Concello de Vimianzo

08:47:13 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e nomalizadora, de toda a poboación do municipio, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar. En xeral, persegue xestionar o servizo de axuda a domicilio proporcionado polo Concello.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

Nos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello.

 

  • Solicitude de axuda a domicilio.
  • Fotocopia do DNI ou NIE da persoa interesada e dos membros da unidade de convivencia.
  • Fotocopia do cartón sanitario da persoa beneficiaria.
  • Certificado de recoñecemento de discapacidade e resolución do grao de dependencia e cando corresponda resolución do PIA.
  • Certificado número de conta.
  • Xustificante de ingresos económicos: Fotocopia da declaración da renda do último exercicio ou na súa falta certificado de non presentala, certificado de pensión ou prestacións percibidas no último ano impositivo, fotocopia das nóminas correspondentes ao último ano, certificación catastrais sobre bens rústicos e urbanos, calquera outro documento acreditativo da situación económica-laboral (vida laboral, desemprego..).
  • Calquera outra documentación que se considere necesario para a avaliación da solicitude e que teña relación cos aspectos que hai que valorar.
  • Informe médico segundo modelo establecido.

Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.

Unidade tramitadora:
Benestar Social.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcalde.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición, Contencioso administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.