Sede electrónica Concello de Vimianzo

17:43:02 Luns 13 de outubro 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades de conciliación (Madrugadores)

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes actividades de conciliación xestionadas por cada corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Formulario de solicitude de ALTA.
  • DNI, NIE ou equivalente do pai, nai ou titora.
  • Libro de Familia, Título de familia numerosa ou resolución de acollemento ou equivalente.
  • Tarxeta sanitaria ou documento equivalente do/da neno/a.
  • Certificado médico do/a neno/a, en caso de intolerancias, alerxias ou enfermidades que poidan incidir na prestación do servizo.
  • No seu caso, aqueles outros documentos necesarios para acreditar o dereito a bonificacións ou exencións así como aqueles que permitan aplicar os criterios de selección establecidos  no art. 11 (ingresos unidade familiar, discapacidade, ...).
  • Certificado bancario do número de conta.

Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.