Sede electrónica Concello de Vimianzo

09:27:04 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal CURSO ACTUAL

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal para o curso actual.

As solicitudes presentadas fóra de prazo e antes do inicio do próximo curso escolar pasarán a formar parte da listaxe de espera, en función da dispoñibilidade de prazas na escola, e serán baremadas a partir do día 19 de cada mes.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". É importante achegar o modelo de solicitude de praza da escola exposto no apdo. "Documentación" así como o resto de documentación ao iniciar o trámite vía telemática.

Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s desde esta páxina. De forma presencial, acudir directamente ao rexistro xeral do Concello de luns a venres no horario de 09.00 h a 14.00 h.

As solicitudes presentadas fóra de prazo e antes do inicio do curso escolar pasarán a formar parte da listaxe de espera, en función da dispoñibilidade de prazas na escola, e serán baremadas a partir do día 19 de cada mes.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal CURSO ACTUAL.
  • Copia do documento de identidade das persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais da nena ou neno.
  • Copia do libro de familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo Concello de Vimianzo (só no caso de non autorizar á súa consulta).
  • No caso de persoas que non estean censadas no Concello de Vimianzo pero que teñan os seus postos de traballo neste municipio, achegarán a documentación acreditativa de tal situación.
  • Informe de vida laboral actualizado das persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais.
  • No caso de persoas traballadoras por conta allea: contratos de traballo ou documentación que acredite o tempo traballado e a xornada laboral do último ano e copia das tres últimas nóminas.
  • No caso de persoas traballadoras por conta propia: certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria que acredite a alta no Imposto sobre Actividades Económicas e copia dos últimos tres recibos do pagamento da cota á Seguridade Social no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade.
  • No caso de persoas desempregadas: certificación da demanda de emprego das persoas proxenitoras, titores/as ou representante legal.
  • Copias certificadas pola Administración Tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF do/s ano/s correspondente/s (só no caso de non autorizar á súa consulta).
  • Documentos xustificativos da variación de ingresos (mínimo 20 % en cómputo anual).
    Certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou nena para a que se solicita a praza, se é o caso.
  • Informe dos servizos especializados na materia sobre a necesidade de integración na escola infantil, no caso de menores con necesidades de apoio educativo.
  • Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia das persoas proxenitoras, titores/as ou representantes legais ou doutros membros da unidade familiar, se é o caso.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos.
  • Certificado de convivencia e, se é o caso, sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial que estableza as medidas paterno‐filiais.
  • Informe do equipo técnico da área de Benestar Social, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou socio‐familiar da unidade familiar.
  • Documentación acreditativa de situacións tales como: familia monoparental (recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia), familia numerosa, vítima de violencia de xénero, abandono do fogar ou de calquera outra circunstancia socio‐familiar alegada.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.