O procedemento "Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitar a tarxeta de accesibilidade para o transporte público e a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e goce dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa mesma.
Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Unidade tramitadora: Benestar Social.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.