Convocatoria selección personal: BOLSA PEL 2023 (OPERARIOS/AS SERVIZOS BÁSICOS)
EXP: 2023/E001/000002
Por Resolución de Alcaldía núm. 202/2023 de data 13/02/2023 aprobáronse as bases do proceso de selección para a creación dunha bolsa de traballo de operarios/as de servizos básicos ao abeiro das axudas PEL, mediante concurso oposición, como persoal laboral temporal no Concello de Vimianzo (Exp.2023/E001/000002).
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia
06/03/2023 - Ábrese unha nova convocatoria, tendo en conta aos candidatos que se presentaron á primera. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación desta convocatoria no BOP.
As probas realizáronse na Casa da Cultura o venres, 31/03/2023, a partir das 10:00 da mañá.